Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 23 de novembro de 2020 Páx. 46238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2020 pola que se fai pública a formalización do encargo co medio propio personificado Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) para a execución do proxecto de obra de mellora da accesibilidade ao Coto Xallas-Beba, parroquias de Colúns e Corzón, Mazaricos (A Coruña). Clave OH.415.1191.

En cumprimento do disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, cómpre dar publicidade da formalización do encargo realizada cunha empresa pública na súa condición de medio propio personificado, expediente tramitado ao abeiro do establecido nos artigos 8, 10 e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, en relación cos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e nos artigos 31 e 32 e na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, e demais normativa que resulta de aplicación:

1) Datos xerais.

Entidade que confire o encargo: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal da entidade: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216.

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/.

Tipo de tramitación do expediente: encargo a medio propio personificado e servizo técnico do poder adxudicador.

2) Encargo.

Título e obxecto: execución do proxecto de obra de mellora da accesibilidade ao Coto Xallas-Beba. Parroquias de Colúns e Corzón. Mazaricos (A Coruña). Clave OH.415.1191.

Clave do expediente: ENC.20002.

Código CPV (referencia de nomenclatura): código CPV 45246510-1 (traballos de construción de pasarelas de madeira).

Empresa destinataria do encargo: Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa).

Data de aprobación: 4 de novembro de 2020.

Data de formalización: 6 de novembro de 2020.

Orzamento: 98.953,39 euros (actuación non suxeita a IVE).

Importe total previsto do gasto: 98.953,39 euros. Inclúe o orzamento inicial do encargo.

Prazo de execución: 1,5 meses, sen previsión de prórrogas con incremento do gasto e sen prexuízo da/s ampliación/s do prazo de execución da prestación obxecto do encargo que sexan necesarias sen incremento do gasto.

Data de publicación da formalización documental no perfil de contratante: 6 de novembro de 2020.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2020

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia