Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 23 de novembro de 2020 Páx. 46041

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

DECRETO 189/2020, do 20 de novembro, polo que se dispón que cese Sol María Vázquez Abeal como directora xeral de Comercio e Consumo.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de novembro de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Que cese Sol María Vázquez Abeal como directora xeral de Comercio e Consumo, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte de novembro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Francisco José Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro
de Economía, Empresa e Innovación