Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 23 de novembro de 2020 Páx. 46249

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 2 de outubro de 2020 polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial da concesión outorgada a Fomento de Iniciativas Náuticas, S.L. para a explotación dunhas instalacións náutico-recreativas no porto de Viveiro.

Logo de solicitude do concesionario, a presidenta de Portos de Galicia acordou o día 4 de setembro de 2020 iniciar o trámite de modificación da concesión outorgada a Fomento de Iniciativas Náuticas, S.L. para a explotación dunhas instalacións náutico-recreativas no porto de Viveiro.

Para xustificar a ampliación do prazo extraordinario segundo o disposto na disposición transitoria 2ª da Lei 6/2017, o concesionario propón realizar unha serie de investimentos que ascenden a un total de 69.138,90 € (IVE excluído), e define as ditas actuacións na documentación técnica achegada coa solicitude.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, usando o procedemento xenérico PR0004, ou nun rexistro habilitado para o efecto, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia