O procedemento de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia está regulado polo Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, modificado polo Decreto 35/2017, do 30 de marzo.
O director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública ditou resolucións relativas aos expedientes de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia das persoas interesadas que se indican no anexo.
Intentada por dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polas persoas interesadas para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foi devolta polo dito servizo.
Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do presente anuncio, notifica ás persoas interesadas que se indican no anexo a resolución antes citada.
As persoas interesadas poden recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura s/n, A Estrada, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer as persoas interesadas, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que as persoas interesadas comparezan, un recurso de alzada ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza conforme as previsións da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Estrada, 9 de novembro de 2020
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
anexo
Nome |
Apelidos |
Acto notificado |
Sección ou seccións do rexistro |
Brandon Steaven |
Arango Patiño |
Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia |
Espazos acuáticos naturais |
Sara |
Barros López |
Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia |
Instalacións acuáticas |
Jesús |
Castro Moure |
Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia |
Instalacións acuáticas |
Alberto |
Ferreira López |
Renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia |
Instalacións acuáticas |
Juan José |
González Iglesias |
Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia |
Instalacións acuáticas |
Silvano |
González Rodríguez |
Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia |
Instalacións acuáticas/Espazos acuáticos naturais |
Antonio |
López Armenteros |
Declaración de desistencia da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia |
Instalacións acuáticas/Espazos acuáticos naturais |
Francisco |
Martínez Carmena |
Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia |
Instalacións acuáticas/Espazos acuáticos naturais |
Estefanía |
Martínez Figueroa |
Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia |
Instalacións acuáticas/Espazos acuáticos naturais |
Carlos |
Matías Macía |
Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia |
Instalacións acuáticas/Espazos acuáticos naturais |
Estanislao Juan |
Medina Baute |
Denegación da renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia |
Espazos acuáticos naturais |
Andrés |
Piñeiro Lage |
Declaración de desistencia da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia |
Espazos acuáticos naturais |