De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese practicar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo instrutor do procedemento sancionador.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Ourense na avda. de Zamora, 13, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 9 de novembro de 2020
Cristina E. Vázquez Gil
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense
ANEXO
Expediente: 32S001/038/2020.
Persoa interesada: Parapente Factory, S.L.
CIF/NIF: B39877915.
Acto notificado: propuesta resolución expediente sancionador.