Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 19 de novembro de 2020 Páx. 45776

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 840/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 840/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Plaza Precedo contra Filomena Casal Gómez, Pórtico Comunicaciones, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva di:

«– Admitir a trámite a demanda presentada e en consecuencia:

– Citar as partes para que comparezan o día 11 de decembro de 2020 ás 13.10 horas, para a celebración do acto de conciliación e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 11 de decembro de 2020 ás 13.10 horas, para a celebración do acto de xuízo.

– Advírteselle á parte demandante que, en caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se terá por desistida da súa demanda. Advírteselle, igualmente, á parte demandada de que a súa incomparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración, continuando estes sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da Lei reguladora da xurisdición social, dese conta a SSª para a súa resolución.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta a SSª do sinalamento efectuado.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pórtico Comunicaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza