O día 23 de setembro de 2020, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 2020040TA-LU, incoado á persoa titular do DNI 33309536Q.
Intentouse notificar a resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle á persoa interesada o contido da citada resolución.
En caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. Os prazos serán os seguintes:
1. As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fora hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.
2. As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fora hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.
O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
A resolución non pon fin á vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Ten dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.
Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento co disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Lugo, 4 de novembro de 2020
Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente: 2020040TA-LU.
DNI da persoa interesada: 33309536Q.
Último enderezo coñecido: San Xoán de Muro, 55, 27370 Láncara.
Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia de seguridade alimentaria.
Artigos infrinxidos: artigos 7.u) e 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.
Tipificación: unha infracción leve.
Sanción imposta: trinta euros (30,00 €).