Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 18 de novembro de 2020 Páx. 45673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 30 de setembro de 2020 polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial da concesión outorgada ao Club Social Moañamar para a construción e explotación dunhas instalacións náutico-deportivas no porto de Moaña.

Logo de solicitude do concesionario Club Social Moañamar, a presidenta de Portos de Galicia acordou o día 4.9.2020 iniciar o trámite de modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión outorgada ao Club Social Moañamar para a construción e explotación dunhas instalacións náutico-deportivas no porto de Moaña.

Para poder xustificar a ampliación de prazo extraordinario segundo o disposto na disposición transitoria segunda da Lei 6/2017 o concesionario acreditou a realización dunha serie de investimentos que ascenden a un total de 151.780,95 €, definidos na documentación técnica achegada coa solicitude.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, usando o procedemento xenérico PR0004, ou nun rexistro habilitado para o efecto, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia