Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Martes, 17 de novembro de 2020 Páx. 45475

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de resolución de sinalamento de datas e persoas interesadas para o pagamento e o levantamento das actas de ocupación correspondentes, no expediente de expropiación forzosa de execución do parque fluvial de Narón entre a avenida Miguel de Cervantes e Megasa.

Esta Alcaldía, en execución do Acordo plenario do 26 de setembro de 2019, que aprobou definitivamente o expediente de expropiación forzosa seguido polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do parque fluvial de Narón entre a avenida Miguel de Cervantes e Megasa,

RESOLVE:

Fixar as datas nas cales se procederá ao levantamento das correspondentes actas de pagamento e ocupación, de conformidade cos artigos 49 e 55 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa e demais que resulten de aplicación.

En consecuencia, convócanse e cítanse os titulares dos bens e dereitos afectados por este expediente que figuran na táboa anexa, para que comparezan no Servizo de Expropiacións deste concello, sito no 6º andar, nas datas e nas horas que se detallan, co fin de levar a cabo os seguintes actos:

Pagamento ou consignación do prezo xusto e levantamento das actas de ocupación para o caso do pagamento.

Para os ditos actos deberá terse en conta:

Que o pagamento de prezo xusto só se lles fará efectivo aos interesados que acrediten en forma legal a súa titularidade; no caso contrario, consignarase. De existiren cargas, deberán comparecer os seus titulares debidamente acreditados.

Que se o expropiado non quixese aceptar o pagamento ou non achegase títulos suficientes xustificativos do dominio, existise contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado ou, en xeral, concorrese algún dos supostos do artigo 51 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, se consignará o importe do prezo xusto na Caixa Xeral de Depósitos.

Que para o cobramento do prezo xusto é necesaria a comparecencia persoal da persoa interesada por si ou representada por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado) e, no caso de que o predio ou dereito pertenza a varios interesados, é necesaria a comparecencia de todos eles por si ou, como no anterior caso, debidamente representados.

Que para facilitar a confección dos documentos de pagamento e a efectividade deste é conveniente que os interesados acheguen á Administración actuante (Concello de Narón) os documentos xustificativos dos seus dereitos con anterioridade ás datas fixadas para o levantamento das actas de pagamento. Para os casos de sucesión dos dereitos derivados do expediente expropiatorio, ademais, achegarán documentos suficientes acreditativos da sucesión alegada e da lexitimidade da persoa interesada para o cobramento das cantidades en cuestión (certificado de defunción, actos de última vontade, liquidación do imposto de sucesións, testamento, operación particionais, etc).

Notifíqueselles esta resolución ás persoas interesadas e publíquese no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello, o que lles servirá de notificación aos interesados descoñecidos e a aqueles dos cales se ignore o lugar de notificación ou que tentada a notificación, non se puidese efectuar, de conformidade co artigo 44 la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Notifíqueselle ademais ao Ministerio Fiscal para os efectos do establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa e, de acordo co artigo 25.6 do Real decreto 1093/1997, do 4 de xullo, polo que se aproban as normas complementarias ao Regulamento para a Lei hipotecaria sobre inscrición no Rexistro da Propiedade de Actos de Natureza Urbanística.

Narón, 9 de outubro de 2020

Marián Ferreiro Díaz
Alcaldesa presidenta

ANEXO

R. catastral

Nº de predio

Titular

Data (novembro de 2020)

Hora

15055A06400204

1

Fonticoba Serantes, Montserrat

18 de nov.

9.00

15055A06400205

2

Calvo Loureiro, Manuel

18 de nov.

10.00

15055A06400214

11

15055A06400216

13

15055A06400217

14

15055A06400206

3

Seselle Hermida, Rosario

18 de nov.

11.00

15055A06400207

4

Barro Garrote, Josefa

18 de nov.

12.00

15055A06400208

5

Seselle Díaz, Emilio, hros.

18 de nov.

12.30

15055A06400209

6

Lamas Penedo, Mercedes, hros.

18 de nov.

13.00

15055A06400210

7

Soto Pérez, José

24 de nov.

9.00

15055A06400211

8

Rico Formoso, José Fernando

19 de nov.

9.00

15055A06400212

9

Bonome Veiga, Antonio e García Souto, Mª Josefa

24 de nov.

10.00

15055A06400221

18

15055A06400222

19

15055A06400223

20

15055A06400224

21

15055A06400225

22

15055A06400226

23

15055A06400227

24

15055A06400228

25

15055A06400229

26

15055A06400114

27

15055A06400115

28

15055A06400113

29

15055A06400213

10

Soto Fernández, Teresa, hros.

24 de nov.

13.30

15055A06400215

12

Vizoso Vázquez, Juan

19 de nov.

10.00

15055A06400218

15

Paz Calvo, Pedro

24 de nov.

14.00

15055A06400219

16

15055A06400220

17

González Santalla, Juan

19 de nov.

10.30

15055A06400110

32

González Fernández, Emilio, hros.

25 de nov.

9.00

6878060NJ6167N

39

15055A06400107

33

Montero Barro, Isabel

25 de nov.

11.00

15055A06400106

34

Seijo Fernández, María Severa Guadalupe

19 de nov.

11.00

6681019NJ6168S

36

Area Bellas, María Manuela, hros.

25 de nov.

12.00

6878058NJ6167N

37

Soto Fernández, Manuel, hros.

19 de nov.

11.30

6878059NJ6167N

38

6878061NJ6167N

40

Lamas Ramos, Celsa

26 de nov.

9.00

6878062NJ6167N

43

López Lamas, Manuela

19 de nov.

12.00

6878006NJ6167N

44

López Yáñez, Flora

19 de nov.

12.30

6681015NJ6168S

47

Vázquez López, Carmen e García Vázquez, Mª Isabel

26 de nov.

10.00

6681056NJ6168S

48

Paz Paz, Mª del Carmen e Paz Paz,

Mª del Pilar

26 de nov.

11.00

6884010NJ6168S

53

Formoso Roongjaras, Susana

19 de nov.

13.00

6884017NJ6168S

54

Chousa Vázquez, Rubén

19 de nov.

13.30

6884019NJ6168S

55

Rodríguez Bouza, Oliginio

19 de nov.

14.00

6884020NJ6168S

56

Sánchez Piñor, Pastor e Filgueira López, Gloria

26 de nov.

12.00

6884042NJ6168S

57

6884026NJ6168S

58

Piñeiro Montero, Francisco e Vázquez Vázquez, Mª Socorro (hros.)

27 de nov.

9.00

6884028NJ6168S

59

Vizoso Castro, Isabel

27 de nov.

10.00

6884029NJ6168S

60

Vizoso Castro, Isabel

Galego Vizoso, Mª Teresa

Galego Vizoso, Marta

27 de nov.

11.00

6884032NJ6168S

61

Charlon Romero, Antonio

18 de nov.

9.00

6884046NJ6168S

62

Admón. Tributaria de Ferrol

Inversiones Inmobiliarias Fernández Ferrol, S.L.

18 de nov.

10.00

6884049NJ6168S

63

Inversiones Inmobiliarias Fernández Ferrol, S.L.

18 de nov.

10.00

6884048NJ6168S

64

Admón. Tributaria de Ferrol

Inversiones Inmobiliarias Fernández Ferrol, S.L.

18 de nov.

10.00

6884035NJ6168S

65

Sareb

18 de nov.

11.30