Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Martes, 17 de novembro de 2020 Páx. 45437

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 13/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ETX 13/2020 deste xulgado do social se ditou resolución da que os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial e cuxos datos se fan constar a seguir:

Resolución: Auto do 28.7.2020.

Recurso e prazo: recurso de reposición no prazo de 3 días.

Persoa/empresa a que se notifica: Óscar Pérez López, S.L.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en forma legal a Óscar Pérez López, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza