Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Martes, 17 de novembro de 2020 Páx. 45449

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 3 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador ANP-PO-0014/2020 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos ou porque, tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinaren estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 3 de novembro de 2020

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado polo

ANP-PO-0014/2020

Marcos Fernández Rubiera

Proposta

Instrutor

ANP-PO-0017/2020

Israel Jacobo Martínez Bejarano

Incoación

Xefe territorial

ANP-PO-0037/2020

Sebastián Piedrahita Cocuy

Incoación

Xefe territorial

ANP-PO-0038/2020

Yolanda Buceta Martínez

Incoación

Xefe territorial