Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Martes, 17 de novembro de 2020 Páx. 45446

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 2 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de tenza de animais potencialmente perigosos (expediente ANP-CO-0015/2020-V e tres máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña, segundo o Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 2 de novembro de 2020

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado pola

ANP-CO-0015/2020-V

Josué Ventos Cortés

Acordo de inicio

Xefa territorial

ANP-CO-0017/2020-V

Estefanía Carneiro Fernández

Acordo de inicio

Xefa territorial

ANP-CO-0019/2020-V

Fernando Tomás Rodríguez Penelas

Acordo de inicio

Xefa territorial

ANI-CO-0201/2020-V

Pedro José Soto García

Acordo de inicio

Xefa territorial