Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Martes, 17 de novembro de 2020 Páx. 45416

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de coordinador/a de servizo de Atención Primaria.

Mediante a Resolución do 2 de setembro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG nº 186, do 14 de setembro), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de coordinador/a de servizo de Atención Primaria.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlles os postos de coordinador/a de servizo de Atención Primaria na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés aos aspirantes seleccionados, relacionados no anexo.

Segundo. Os/as aspirantes deberán cesar na praza que desempeñe dentro dos tres (3) días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 3 de novembro de 2020

José Ramón Gómez Fernández
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Adxudicación de prazas

Apelidos e nome

DNI

Código

Denominación

Servizo/Unidade

Casal Sobral, Nieves

***5294**

S-A2-357

Coordinador/a servizo

Servizo A Parda (Pontevedra)

Deserta

....

S-A2-357

Coordinador/a servizo

Servizo Bueu (Pontevedra)

Ningún/ningunha aspirante presentado/a

....

S-A2-357

Coordinador/a servizo

Servizo Cambados (Pontevedra)

Ningún/ningunha aspirante presentado/a

....

S-A2-357

Coordinador/a servizo

Servizo Poio (Pontevedra)

Deserta

....

S-A2-357

Coordinador/a servizo

Servizo Terra de Montes (Pontevedra)

Deserta

....

S-A2-357

Coordinador/a servizo

Servizo Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Ningún/ningunha aspirante presentado/a

....

S-A2-357

Coordinador/a servizo

Servizo Vilanova de Arousa (Pontevedra)

(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.