A persoa titular da Xefatura da Área de Verteduras de Augas de Galicia ditou requirimento no expediente DH.D15.72884 en materia de verteduras de augas residuais seguido contra a persoa titular do NIF 33286110-G (t.m. O Pino).
Intentada a notificación do requirimento por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase o requirimento ditado á persoa interesada.
Infórmase de que o expediente de denuncia se atopa á súa disposición nas oficinas da Área de Verteduras de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela.
Comunícase que en relación co requirimento mencionado cabe presentar alegacións perante a Área de Verteduras de Augas de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2020
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia