Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 16 de novembro de 2020 Páx. 45306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 3 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lles notifica a varios interesados o arquivamento do expediente de expropiación de predios do parque eólico da Pastoriza (expediente LU-11/123-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas interesadas o arquivamento do expediente de expropiación para os predios do parque eólico da Pastoriza que se sinalan no cadro que se xunta.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial en Lugo da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sita na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Lugo, 3 de novembro de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-11/123-EOL.

Denominación: parque eólico da Pastoriza.

Arquivamento do expediente de expropiación.

Predio

Concello

Propietaria

44 e 46

Riotorto

Magdalena Balseiro Carballeira