Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 16 de novembro de 2020 Páx. 45218

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

DECRETO 183/2020, do 12 de novembro, polo que se dispón que cese Lucas Martinón Torres como director xeral de Comunicación.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día doce de novembro de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Lucas Martinón Torres como director xeral de Comunicación, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, doce de novembro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro
de Presidencia, Xustiza e Turismo