Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 16 de novembro de 2020 Páx. 45309

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 28 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada outorgada a Codisoil, S.A., para a súa planta de almacenamento e tratamento de residuos no concello de Marín, Pontevedra (expediente 2018-IPPC-M-97).

De conformidade co disposto nos artigos 10.2 e 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de almacenamento e de tratamento de residuos

Procedemento:

revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Codisoil, S.A.

Núm. de rexistro AAI: 2014-IPPC-37_271

Localización: concello de Marín (Pontevedra)

Expediente: 2018-IPPC-M-97

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2020

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático