Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 16 de novembro de 2020 Páx. 45311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 2 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente sancionador en materia de caza de Galicia CAZ-LU-0119/2019-V.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Lugo, 2 de novembro de 2020

Margarita López Blanco
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

CAZ-LU-0119/2019-V

Alberto Aria Souto

Resolución