Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 16 de novembro de 2020 Páx. 45314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 2 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 2020063AL-LU por infraccións en materia sanitaria.

O día 30 de setembro de 2020, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución no expediente sancionador 2020063AL-LU incoado á persoa titular do CIF B27365550.

Intentouse notificar este acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, se lle notifica á persoa interesada o contido do referido acordo que figura como anexo.

En caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. Os prazos serán os seguintes:

1. As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

2. As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non o facer así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non pon fin á vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Ten dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 2 de novembro de 2020

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2020063AL-LU.

CIF da persoa interesada: B27365550.

Último enderezo coñecido: rúa Pardo Bazán, 30, 4º D, 27880 Burela.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 51.1, parágrafo 1º da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

Tipificación: dúas infraccións leves.

Sanción imposta: mil euros (1.000,00 €).