Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 13 de novembro de 2020 Páx. 45182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 14 de outubro de 2020 polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes de autorización en materia de dominio público hidráulico (expedientes de clave DH.W36.68132 e catro máis).

A persoa titular da Dirección de Augas de Galicia ditou a resolución dos expedientes de autorización de clave DH.W36.68132 e catro máis, que se indican no anexo.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado, con xustificante de recepción, no domicilio que consta no correspondente expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmanse que os expedientes se atopan á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Comunicáselles que, contra a resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2020

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Clave

DNI/NIE do interesado/a

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.W36.68132

33836764S

17.3.2020

Desistencia

DH.B15.67879

33264445M

30.6.2020

Favorable

DH.W36.64855

76931638L

7.12.2019

Favorable

DH.W36.68321

Y5533541P

28/01/2020

Favorable

DH.W15.68311

32571398V

16/04/2020

Favorable