Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 13 de novembro de 2020 Páx. 45170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 27 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se somete a información pública o documento base do anexo do Plan de transporte público de Galicia sobre a Área de Transporte de Galicia.

O Plan de transporte público de Galicia foi aprobado, logo de deliberación, polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 29 de novembro de 2018.

Posteriormente, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade elaborou unha modificación do antedito Plan de transporte público de Galicia, mediante a incorporación a el dun anexo relativo á Área de Transporte de Galicia, e cuxo documento base foi redactado pola Dirección Xeral de Mobilidade.

Así, ao abeiro do previsto no primeiro parágrafo do número 3 do artigo 2 da Lei 10/2016, do 19 de xullo, de medidas urxentes para a actualización do sistema de transporte público de Galicia, e no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sométese a información pública o documento base do anexo do Plan de transporte público de Galicia sobre a Área de Transporte de Galicia por un período de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e formular as alegacións que coide pertinentes, que deberán ser remitidas á Dirección Xeral de Mobilidade.

O documento estará dispoñible para a súa consulta no seguinte sitio web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/seccion-tema/c/CIV_Transporte_de_viaxeiros?content=Direccion_Xeral_Mobilidade/Transporte_publico_Galicia/seccion.html&std=Informacion_Publica_Anexo.html

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2020

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade