Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 13 de novembro de 2020 Páx. 45160

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RA/DXCAA/CMAOT/2018/00002 interposto contra a resolución da directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático ditada no expediente CO-RES-2017-00001.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a María Jesús Tarrío Caneda a resolución do recurso de alzada RA/DXCAA/CMAOT/2018/00002, de data 14.8.2020, interposto contra a resolución da directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, pola que se declarou a imposición dunha multa de 5.000 euros pola comisión dunha infracción grave tipificada no artigo 46.3.c) da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2020

Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería
de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO

Expediente: RA/DXCAA/CMAOT/2018/00002.

Interesada: María Jesús Tarrío Caneda.

Acto notificado: resolución recurso de alzada.