Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 13 de novembro de 2020 Páx. 45129

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (SS 518/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de seguridade social 518/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Moraña Argibay contra a empresa Ibermutua Gallega, Picos de la Muralla, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), sobre seguridade social, se ditou a Providencia, do 22 de outubro de 2020, impugnable en reposición no prazo de tres días, pola cal se cita para o acto de xuízo que terá lugar neste xulgado o día 15 de decembro de 2020, ás 10.00 horas.

Para que sirva de notificación e citación en legal forma a Picos de la Muralla, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 22 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza