Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 13 de novembro de 2020 Páx. 45173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 26 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Tentada a notificación, ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na avenida de Zamora, número 13, 4ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírteselles que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non achegaren os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, se considerarán desistidas da súa petición.

Ourense, 26 de outubro de 2020

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 40351.

DNI/NIE /PAS: F214945.

Último enderezo coñecido: avenida de Portugal, nº 8, 1º B, 32002 (Ourense).

Nº expediente: 40834.

DNI/NIE /PAS: FW362218.

Último enderezo coñecido: rúa do Areal, nº 5, 3º B-A Valenzá, 32002 Barbadás (Ourense)