Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 12 de novembro de 2020 Páx. 45047

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pontenova

ANUNCIO do 22 de outubro de 2020 de audiencia en expediente de xestión da biomasa vexetal.

Ao ser preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e de retirada de árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e unha vez intentadas sen efectos as comunicacións de trámite de audiencia ás persoas titulares a continuación descritas, por un prazo de quince (15) días, para os efectos de que poidan alegar e presentar os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes, publícase o presente anuncio tanto no Diario Oficial de Galicia como no Boletín Oficial del Estado; a eficacia do acto notificado queda supeditada á súa publicación no BOE.

As persoas interesadas poden coñecer o contido íntegro do acto que se notifica e do correspondente expediente no prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, e realizarase a comparecencia nas dependencias municipais, sitas na praza do Concello, s/n, 27720 A Pontenova (Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Titular

Referencia catastral

Localización da parcela

Fernández Rocha, Manuel

27048A016005210000HT

P.16, parcela 521, Cerrón do Marino, A Pontenova

A Pontenova, 22 de outubro de 2020

Darío Campos Conde
Alcalde