Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 12 de novembro de 2020 Páx. 45020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Arabías, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Arabías, S. Coop. Galega, acordada polo Consello Reitor na reunión do 1 de xullo de 2020, no Rexistro Provincial da Coruña. O seu novo domicilio social é avenida de Monelos, 109, E-A, 15009 A Coruña, provincia da Coruña.

A Coruña, 5 de outubro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña