Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 12 de novembro de 2020 Páx. 45005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ordes (expediente-e IN407A 2020/33-1).

Expediente-e: IN407A 2020/33-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: ampliación de potencia CT O Uzal e RBT no lugar do Uzal.

Concello: Ordes.

Feitos.

1. O 14.2.2020, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada. Entregan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende os documentos seguintes:

– Ampliación de potencia CT Uzal e RBT no lugar do Uzal.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, de acordo co artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. De acordo ao establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte que a instalación puidera afectar bens e dereitos ao seu cargo, contendo as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separata para o seguinte organismo:

Concello de Ordes. O organismo contesta mediante informe de data 28.2.2020 a UFD Distribución Electricidad, S.A. a cal expresa a súa conformidade co condicionado do informe mediante escrito de data 5.10.2020.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente de acordo co establecido no artigo 66.a) do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, conforme a disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.

2. A lexislación aplicable a este expediente é:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as seguintes:

Aumentar a potencia do CT denominado O Uzal con matrícula 15AC33 (expediente 27.405), de tipo intemperie sobre pórtico de formigón con transformador de 50 kVA de potencia mediante a retirada do transformador existente e a instalación dun novo transformador de 100 kVA/20 kV, a situar nun novo apoio de celosía de tipo C-12/2000.

Retensado dos condutores espidos existentes de tipo A-30, correspondentes á liña SIG802, sendo a lonxitude do van de liña que se vai retensar de 66 metros.

Liña de baixa tensión en condutor de tipo XZ1-0,6/1 kV, 4(1×50 Al)/Al), desde o paso de aéreo a soterrado proxectado a realizar en apoio existente de tipo HV-250-8, sendo a lonxitude total da liña BTS de 8 metros.

Os condutores discorrerán canalizados en gabia de dimensións 0,20 metros de ancho e 0,80 metros de profundidade, aloxados no interior dun tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro, sendo a lonxitude total da canalización proxectada de 1 metro.

Proxéctase novo condutor de tipo RZ-3×25/54,6 que se grampará desde a parte superior do apoio onde se realizará a conexión, ata antes da entrada no tubo do paso aéreo soterrado, onde se realizarán os empalmes coa liña soterrada.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, si as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Mediante este documento notificáselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 21 de outubro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Disposición transitoria terceira Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.