Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 12 de novembro de 2020 Páx. 45018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada para unha explotación de porcas reprodutoras no lugar de Pedrido, parroquia de Lea, concello de Friol, titularidade de Sociedad Cooperativa Unimiño, S.C.G.

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: explotación porcina de multiplicación para 2.789 porcas reprodutoras con leitóns ata 20 kg

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Sociedad Cooperativa Unimiño, S.C.G.

Núm. rexistro AAI: 2014-IPPC-33-270

Localización: Pedrido, parroquia de Lea, concello de Friol (Lugo)

Expediente revisión AAI: 2019-IPPC-M-152

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou, presencialmente, na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático