Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 12 de novembro de 2020 Páx. 45000

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DSP 182/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 182/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Illanes Temprano contra as empresas Nexia Infraestructuras, S.L.U. e Realcom Maquinaria, S.L., sobre despedimento, se ditou a Sentenza do 19 de outubro de 2020 impugnable en suplicación no prazo de cinco días, a cal está á súa disposición na sede do Xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Nexia Infraestructuras, S.L.U. e Realcom Maquinaria, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 21 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza