Mediante a Orde do 30 de decembro de 2019 establecéronse as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procedeu á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG núm. 16 do 24 de xaneiro de 2020).
O artigo 4 da orde establece que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles.
O incremento do crédito, conforme ao establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, está condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación, ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.
En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, procedentes de créditos incorporados do exercicio anterior no mesmo programa e servizo procedentes de fondos finalistas do Estado recibidos do Servizo Público de Emprego Estatal, e coa finalidade de subvencionar todas as solicitudes que presenten as empresas de inserción e as súas entidades promotoras e, deste xeito, atender ao máximo número de solicitudes e de persoas destinatarias finais, procede ampliar o crédito destas axudas.
Por todo o exposto, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
RESOLVO:
Artigo 1. Ampliación do crédito orzamentario consignado na Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020
1. Amplíase en 100.000,00 € o crédito consignado no artigo 61 da convocatoria de axudas ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras para o ano 2020, código de proxecto 2015 00561, aplicación orzamentaria 09.40.324C.470.5 (80.000,00 € para o Programa I e 20.000,00 € para o Programa II).
2. O orzamento final das axudas previstas na Orde do 30 de decembro de 2019 para o ano 2020, logo da ampliación, é de 757.568,12,00 euros, distribuídos do seguinte xeito:
Programa de axudas |
Aplicación orzamentaria |
Crédito inicial (€) |
1ª ampliación (€) |
2ª ampliación (€) |
Crédito final (€) |
Programa I: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social |
09.40.324C.470.5 |
330.000,00 |
240.000,00 |
80.000,00 |
650.000,00 |
Programa II: axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social |
09.40.324C.470.5 |
50.000,00 |
17.568,12 |
20.000,00 |
87.568,12 |
09.40.324C.481.5 |
20.000,00 |
0,00 |
0,00 |
20.000,00 |
|
Total |
400.000,00 |
257.568,12 |
100.000,00 |
757.568,12 |
Artigo 2. Prazo de solicitudes
Esta modificación non afecta ao prazo establecido na referida Orde do 30 de setembro de 2019, para a presentación de solicitudes
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2020
María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade