Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 11 de novembro de 2020 Páx. 44756

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2020, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 22 de abril de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 80, do 26 de abril, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio.

O tribunal nomeado pola Orde do 11 de decembro de 2019 (DOG núm. 240, do 18 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, acordou, de conformidade co previsto na base II.1.4 da orde de convocatoria, que o cuarto exercicio do proceso selectivo teña lugar o día 26 de novembro, na sala E do Edificio Administrativo de San Caetano, a partir das 9.30 horas.

Para tales efectos convócase para a realización do cuarto exercicio o seguinte aspirante:

Pigni Giraudo, Agustín

***8160**

Para o seu desenvolvemento, os aspirantes poderán servirse de textos legais e xurisprudenciais.

O tempo de duración será de cinco (5) horas. Os aspirantes deberán comparecer o mesmo día ás 16.30 horas para a lectura do exercicio ante o tribunal en sesión pública.

Os aspirantes deberán presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

O chamamento para cada exercicio será único, de forma que os aspirantes que non comparezan serán excluídos.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2020

Isabel Álvarez Caramés
Presidenta do tribunal