Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 11 de novembro de 2020 Páx. 44745

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 3 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de amigos do Camiño de Santiago e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT300A).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, así como no artigo 16.h) das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 3 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de amigos do Camiño de Santiago e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020, que figuran no anexo desta resolución.

As subvencións relativas ao obxecto desta resolución imputaranse á aplicación orzamentaria 11.A2.761A.781.0, proxecto 2015 00005, cun crédito de 100.000 € para a anualidade 2020.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2020

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Subvencións para asociacións de amigos do Camiño de Santiago
e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación

Liña 1. Proxectos relacionados coa acollida aos peregrinos que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Entidades beneficiarias

NIF

Obxecto da subvención

Subvención concedida

Asociación de Veciños Santa Baia de Mos

G36142685

Acondicionamento planta baixa do albergue para persoas discapacitadas.

10.000,00 €

Asociación Galega Amigos do Camiño de Santiago (AGACS)

G15415052

Proxectos relacionados coa acollida de peregrinos nos albergues

9.951,50 €

Asociación Amigos do Camiño por Valdeorras

G32279812

Estudo reforma antiga capela de Santo André para oficina información ao peregrino

10.000,00 €

Asociación de Amigos e Amigas do Camiño Portugués a Santiago

G36196954

Encontro internacional de hospitaleiros e hospitaleiras voluntarios do Camiño Portugués a Santiago

5.183,32 €

Liña 2. Proxectos relacionados co estudo e documentación do fito xacobeo, coa difusión da cultura xacobea e publicacións relativas á difusión da cultura xacobea.

Entidades beneficiarias

NIF

Obxecto da subvención

Subvención concedida

Asociación Jacobea de Almería Camino Mozárabe

G04789137

Publicación do estudo de investigación do Camiño Mozárabe de Santiago na provincia de Almería

2.400,00 €

Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino

G26191866

Revista Peregrino

10.000,00 €

Asociación Internacional de Peregrinos Ave Fénix

G24301012

II Xornadas culturais sobre o camiño de Santiago e VII encontro Internacional de Artistas Audiovisuais

10.000,00 €

Fundación Acogida Cristiana en los Caminos

G70477450

VII Congreso de acollida cristiá nos camiños de Santiago

5.063,26 €

Asociación Colectiva Egeria

G27499250

Proxecto para poñer en valor un conxunto de obras

10.000,00 €

Archicofradía Universal del Apóstol Santiago

R1500250D

Publicación revista Compostela nº 62

5.285,66 €

Asociación Treboada de Ideas

G27423060

Enoturismo accesible no camiño Xacobeo de inverno

3.791,00 €

Asociación de Amigos del Camino de Santiago de León Pulchra Leonina

G24330243

Edición de tres números da revista El Senderín

5.174,43 €

Asociación de Amigos del Camino de Santiago en Ávila

G05193859

Proxecto-memoria actividades para o ano 2020

1.345,00 €

Asociación de Comunicadores do Camiño de Santiago

G70386867

Un pulo ao Camiño Inglés no norte de Europa de cara ao Ano Santo 2021

2.000,00 €

Asociación Abrindo Camiño de Amigos do Camiño Norte de Santiago

G27320126

XII Xornadas Abrindo Camiño 2020

5.028,75 €

Asociación Cultural Amigos Camino Mozárabe-Via Plata

G32247116

Proxecto difusión cultural xacobea

4.766,25 €