Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 10 de novembro de 2020 Páx. 44688

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para o acceso a dúas prazas de auxiliar administrativo/a.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 99, do 2 de maio de 2017, foron publicadas integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 274, do 29 de novembro de 2018, foi publicada unha modificación das mencionadas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 173, do 30 de xullo de 2020, foi publicada resolución relativa á convocatoria e bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o seguinte proceso selectivo:

Persoal funcionario:

Decreto 3653/2020, do 23 de xuño: 2 prazas de auxiliar administrativo/a; escala: Administración xeral; subescala: auxiliar; grupo de titulación C (subgrupo C2). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 8 de setembro de 2020

A alcaldesa
P.D. (Acordo 28/452 da Xunta de Goberno Local
adoptado en sesión ordinaria celebrada o 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza,
Economía e Recursos Humanos,