Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 10 de novembro de 2020 Páx. 44630

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 4/2020).

Eu, Elena Pereira Bernárdez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 4/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sonia Sampayo Rodríguez contra o Colegio Junior’s, S.L., e o Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a resolución resolución cuxa parte dispositiva é:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza Elena Pereira Bernárdez.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2020.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar o executado Colegio Junior’s, S.L. en situación de insolvencia total polo importe de 1.461,84 euros en concepto de principal (1.132,18 euros en concepto de salarios e vacacións devindicadas e non desfrutadas, 129,66 euros en concepto de xuros moratorios respecto da cantidade anterior, 200 euros en concepto de honorarios de letrado), máis outros 146,18 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan producir durante a execución, e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., coa indicación “recurso” no campo do concepto, seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír a seguir da conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de Observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma ao Colegio Junior’s, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza