Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 10 de novembro de 2020 Páx. 44636

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de A Coruña

EDICTO (752/2019).

Eu, María Elma Monzón Cuesta, letrada do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, dou fe de que neste xulgado se seguen autos de xuízo ordinario 752/2019, por instancia da Administración xeral do Estado, e como parte demandada, María del Carmen Martínez-Bordiú Franco, Jaime Felipe Martínez-Bordiú Franco, María Aránzazu Martínez-Bordiú Franco, José Cristóbal Martínez-Bordiú Franco, María del Mar Martínez-Bordiú Franco, María de la O Martínez-Bordiú Franco e a entidade Pristina, S.L. e ignorados herdeiros de Manuela Esteban Collantes y Sandoval e, en calidade de partes coadxuvantes adhesivas simples da parte demandante, a Xunta de Galicia, o Concello de Sada, o Concello da Coruña e a Deputación Provincial da Coruña, en que, con data 2.9.2020, se ditou sentenza, contra a que cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días desde a súa notificación.

E para que conste e para a súa notificación aos ignorados herdeiros de Manuela Esteban Collantes y Sandoval, expido o presente edicto.

A Coruña, 4 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza