Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 10 de novembro de 2020 Páx. 44684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 28 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-1242/2019-PPM e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-1242/2019-PPM e sete máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 28 de outubro de 2020

Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-1242/2019-PPM

54227410B

Resolución

A Pesqueira, 357, Cabo de Cruz, Boiro

PSC-CO-1247/2019-PPM

53484837Q

Resolución

Quintáns, 1, Sta. Cruz de Lesón, A Pobra do Caramiñal

PSC-CO-1248/2019-PPM

78784279X

Resolución

Rianxiño, 46, Rianxo

PSC-CO-2/2020-PPM

76346372B

Resolución

Rúa dos Condes, 19, Corme, Ponteceso

PSC-CO-7/2020-PPM

76967097N

Resolución

Rebordelo, 117, Cabo de Cruz, Boiro

PSC-CO-8/2020-PPM

44848571C

Resolución

Rúa Principal, 131-5º A, Boiro

PSC-CO-17/2020-PPM

78806762E

Resolución

Nine, 36, Cespón, Boiro

PSC-CO-26/2020-TRA

32667414P

Resolución

r/ Moeche, 2-3º esq., Narón