Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 10 de novembro de 2020 Páx. 44676

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2020 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Ansuiña II, Dena I, Dovalo e Sol I.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Ansuiña II, Dena I, Dovalo e Sol I e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes:

Mediante escritos do 13 de outubro de 2020, Antón Fernández Lamela (***3550**), en representación de Mariscos Antón Fernández, S.L. (B70451018), solicitou autorización para a transmisión das concesións administrativas e das bateas Ansuiña II, Dena I, Dovalo e Sol I.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Proameixa Fernández, S.L. (B70015821), das concesións que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Ansuiña II.

Situación:

Cuadrícula nº: 55.

Polígono: F.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especies autorizadas: ostra plana (Ostrea edulis), vieira (Pecten maximus) e zamburiña (Chlamys varia).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 18.3.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Dena I.

Situación:

Cuadrícula nº: 41.

Polígono: F.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: ostra plana (Ostrea edulis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 7.6.1979.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea

Nome: Dovalo.

Situación:

Cuadrícula nº: -.

Polígono: F.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: ostra plana (Ostrea edulis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 31.1.1968.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea

Nome: Sol I.

Situación:

Cuadrícula nº: 32.

Polígono: F.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: ostra plana (Ostrea edulis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 16.3.1977.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Mariscos Antón Fernández, S.L. (B70451018).

Nova titular: Proameixa Fernández, S.L. (B70015821).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular das concesións queda subrogada nos dereitos e obrigas da anterior desde o momento da formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun (1) mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2)meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 15 de outubro de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo