Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 181/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guillermo González Falcón contra a empresa Nexia Infraestructuras, S.L.U., sobre despedimento, ditouse sentenza o 16.10.2020, impugnable en suplicación no prazo de cinco días, que se encontra á súa disposición na sede do xulgado.
E para que sirva de notificación en legal forma a Nexia Infraestructuras, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Pontevedra, 19 de outubro de 2020
A letrada da Administración de xustiza