Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 9 de novembro de 2020 Páx. 44482

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2020/181-3 e dezaseis máis.

Consonte ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan non anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Ourense na avenida da Habana, nº 79, 1º, 32004 Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo dentro do prazo de dez (10) días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido a Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida da Habana, nº 79, 1º, Ourense) e será resolta polo xulgado correspondente, que lle poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 8 de outubro de 2020

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

DNI/equivalente

PR204A2020/181-3

11729378E

PR204A2020/379-3

76733847M

PR204A2020/386-3

34973057Q

PR204A2020/654-3

34955360Y

PR204A2020/811-3

76726852W

PR204A2020/1003-3

44465246J

PR204A2020/1025-3

76622923X

PR204A2020/1726-3

34955360Y

PR204A2020/1815-3

34986326Z

PR204A2020/1818-3

34997527Z

PR204A2020/1824-3

34997527Z

PR204A2020/2241-3

79334496K

PR204A2020/2245-3

34572486J

PR204A2020/2515-3

33311110A

PR204A2020/2674-3

76867623J

PR204A2020/2797-3

44454103W

PR204A2019/4606-3

34907894N