Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 9 de novembro de 2020 Páx. 44462

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2020, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se publica a relación dos premios aos proxectos de innovación educativa sobre consumo responsable Galicons-net.

Por Resolución conxunta do 20 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 23, do 4 de febreiro) convocáronse os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net.

Vista a proposta efectuada polo xurado mencionado no artigo 16 da citada resolución, relativa á selección dos traballos presentados segundo os criterios previstos no artigo 17, procede a súa publicación de conformidade con ela. Na súa virtude,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Declarar deserta a categoría A (alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria).

Segundo. Declarar gañador do premio na categoría B (alumnado de educación secundaria obrigatoria), dotado coa contía de 1.500 euros, o proxecto Publigualdade, realizado polo IES Celanova Celso Emilio Ferreiro.

Terceiro. Declarar gañador do premio na categoría C (alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional e de educación para persoas adultas), dotado coa contía de 1.500 euros, o proxecto E ti que tas comprando?, realizado polo IES Plurilingüe Pintor Colmeiro.

Cuarto. Declarar deserta a categoría D (alumnado de educación especial).

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación
e Universidade

Sol Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio
e de Consumo