Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 9 de novembro de 2020 Páx. 44532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de fomento da mobilidade sustentable, senda na PO-551, treito Trasouto-Alto da Portela-CG-4.1, puntos quilométricos 12+720-14+440, de clave PO/16/267.06, no concello de Bueu.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 7 de novembro de 2019, a Xunta de Galicia declarou de utilidade pública e urxente ocupación os bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de fomento da mobilidade sustentable, senda na PO-551, treito Trasouto-Alto da Portela-CG-4.1, puntos quilométricos 12+720-14+440, de clave PO/16/267.06, no concello de Bueu, mediante o Decreto 149/2019, publicado no Diario Oficial de Galicia do 22 de novembro de 2019.

A tramitación do expediente expropiatorio debe axustarse ao disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do seu regulamento do 26 de abril de 1957.

En consecuencia, este servizo, en virtude da competencia delegada mediante a Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG núm. 179, do 20 de setembro de 2017, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Bueu para que comparezan no lugar, data e horas que se detallan a continuación, co fin de realizar o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Bueu.

Lugar: casa do concello de Bueu.

Data: 4 de decembro de 2020, das 11.00 ás 13.00 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente, estarán expostos no Concello de Bueu e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (avda. Mª Victoria Moreno, nº 43, 1º, 36003 Pontevedra) e publicarase na seguinte ligazón da páxina web da consellería:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/avisos?content=/Portal-Web/Contidos/Aviso/aviso_0193.html

Así mesmo, realizarase a convocatoria aos interesados no levantamento das actas previas mediante notificación individual.

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e xuntarán os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade (e, de ser o caso, outra documentación que se requira, xustificante do pagamento do IBI...), así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, co fin proceder aos sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, e poderán facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Co fin de que os actos de levantamento de actas derivadas dos procedementos expropiatorios se realicen de acordo coas medidas preventivas do risco de contaxio ante a situación provocada polo coronavirus COVID-19, a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou o protocolo de actuación que deberán respectar todos os asistentes aos actos. Para tales efectos, cómpre pór en coñecemento dos interesados as seguintes indicacións:

– Os interesados poderán confirmar a data e a hora fixadas para a realización do acto ou, no caso de concorreren motivos de inconveniencia por razóns de saúde e/ou de adopción de medidas que afecten favorablemente a prevención de contaxios, poderán propor outro horario diferente, logo de cita confirmada polo persoal de contacto.

– No momento da atención, tanto o persoal da Administración e da asistencia técnica como o expropiado usarán máscara de protección ou os sistemas de protección individual que nese momento sexan obrigatorios, respectando en todo momento a distancia de seguridade fixada. Para tales efectos, establécese a obriga de asistir ao acto provisto dos sistemas de protección individual (EPI) que en cada momento determine a autoridade competente. Porén, a Administración disporá de EPI no caso de que os expropiados non dispoñan deles.

– En caso de se detectaren posibles síntomas compatibles coa COVID-19 nalgunha persoa presente, seguiranse obrigatoriamente as indicacións realizadas polas autoridades sanitarias para o efecto.

– Deberán asistir unicamente as persoas estritamente necesarias para realizar o trámite.

– Establécese a obriga de permanecer no local de reunión o tempo estritamente necesario.

– Non se poderá acudir no caso de presentar febre (>37º) ou síntomas de problemas respiratorios.

Pontevedra, 5 de outubro de 2020

O xefe do Servizo Provincial de Pontevedra
P.S. (Resolución do 30.10.2019)
Alfonso Tenorio Aranguren
Enxeñeiro