Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 9 de novembro de 2020 Páx. 44472

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 130/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 130/2020, seguido por instancia de Bruno Vidal Porto contra Centokai, S.L. sobre reclamación de cantidade, ditáronse auto despachando execución e decreto de embargo con data do 14.10.2020, e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro ambas as resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Rep. Legal de Centokai, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza