No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 3.11.2020, publicáronse as bases xerais e específicas dos procesos selectivos de prazas obxecto de funcionarización.
O número de prazas, a súa denominación e características relaciónanse a continuación:
Oitenta e dúas prazas de administrativo de Administración xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala administrativa e integradas no grupo C1.
Catro prazas de auxiliar de Administración xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala auxiliar e integradas no grupo C2.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.
Pontevedra, 3 de novembro de 2020
A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra Carlos López Font |
Carlos Cuadrado Romay |