Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 6 de novembro de 2020 Páx. 44220

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 22 de xuño).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 15 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021 (DOG núm. 122, do 22 de xuño), que se indican no anexo, cun importe total concedido de 635.168,01 euros, con cargo á aplicación 05.11.313D.481.2 (código de proxecto 2018 000112), de acordo coa seguinte distribución:

Ano 2020: 159.007,66 euros.

Ano 2021: 476.160,35 euros.

A dita partida orzamentaria finánciase con fondos finalistas do Estado, que os orzamentos xerais do Estado destinan ao desenvolvemento ou ampliación das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2020

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Expediente

Entidade

NIF

Concesión 1º período (2020)

Concesión 2º período (2021)

SI451A/2020-10

Asociación de Empresarios de Mos

G36223543

20.000,00 €

60.000,00 €

SI451A/2020-06

Fundación CIP

G15849318

20.000,00 €

60.000,00 €

SI451A/2020-14

Ecos do Sur

G15354483

20.000,00 €

60.000,00 €

SI451A/2020-11

CIMO Entidade Prestadora de Servizos

G32010449

5.614,54 €

20.579,11 €

SI451A/2020-02

Apetamcor-Asociación de Empresarios de Transporte de Mercancías por Carretera

G32026056

20.000,00 €

60.000,00 €

SI451A/2020-09

Axel-Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses

G27305218

17.500,00 €

44.666,12 €

SI451A/2020-05

Asociación Amicos

G15747678

13.232,62 €

31.126,61 €

SI451A/2020-13

Fundación Nortempo

G70009949

17.500,00 €

52.500,00 €

SI451A/2020-15

Fundación Impulsa para el Desarrollo del Empleo y la Integración Social

G27866763

11.927,88 €

52.500,00 €

SI451A/2020-08

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

13.232,62 €

34.788,51 €

Total

159.007,66 €

476.160,35 €