Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 6 de novembro de 2020 Páx. 44352

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 348/2020).

Eu, Belen Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Luis García Ribadulla contra Logística Trami Trucks, S.L., e Fogasa, en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento/cesamentos en xeral 348/2020, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Logística Trami Trucks, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 27.11.2020 na planta baixa, sala 3, Edificio rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación ás 10.50 horas e, se é o caso, xuízo ás 11.00 horas. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

A copia da demanda e documental achegada están á disposición da parte nesta oficina xudicial, que poderá consultar as actuacións nas ditas dependencias.

A parte demandante solicitou como proba: interrogatorio do representante legal da empresa demandada e achega dos seguintes documentos: contratos de traballo do demandante, comunicación de baixa á TXSS, nóminas de 2019 e 2020, e boletíns de cotización á Seguridade Social de 2019 e 2020.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Logística Trami Trucks, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza