Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 5 de novembro de 2020 Páx. 44178

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 22 de outubro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos PO 232/2020 e PO 298/2020 fronte á Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias, na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 227, do 28 de novembro), e fronte á Resolución do 18 de marzo de 2020 de modificación e execución da Orde do 22 de novembro de 2019.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu oficios da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que solicitan o emprazamento de cantos aparezan como interesados nos recursos contencioso-administrativos PO 232/2020 e PO 298/2020 fronte á Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias, na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 227, do 28 de novembro) e fronte á Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 18 de marzo de 2020 de modificación e execución da Orde do 22 de novembro de 2019.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na referida sala no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte a o da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública