Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 4 de novembro de 2020 Páx. 43943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 23 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a documentación de solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada outorgada a Exlabesa Extrusión Padrón, S.A. (centro Rois) para a súa fábrica de extrusión, lacado e anodizado de perfís de aluminio situada no concello de Padrón, A Coruña (expediente 2020-IPPC-M-124).

Para os efectos previstos nos artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro), e no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de treinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Proxecto básico de modificación substancial da autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental ordinaria das instalacións de Exlabesa Extrusión Padrón, S.L. (centro Rois) (A Coruña). Xullo 2020.

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2020-IPPC-M-124.

Número de autorización ambiental integrada: 2006/0285_NAA/IPPC_148.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 2.6 e 2.5.b).

Titular: Exlabesa Extrusión Padrón, S.L. (centro Rois).

CIF: B-70056957.

Enderezo do titular: polígono industrial Francisco Quintá, A Picaraña, s/n, 15980 Padrón (A Coruña).

Enderezo da instalación: polígono industrial Francisco Quintá, A Picaraña, s/n.

Actividade principal: tratamento e revestimento de metais.

Descrición da modificación substancial: vaise proceder á substitución dos 3 fornos de fusión existentes por un único forno de fusión de maior capacidade. Así, a produción máxima de fundición pasará de 15.000 t/ano a 45.000 t/ano. Ademais, substituirase o forno de mantemento por outro de maior capacidade.

Verteduras: no proceso de fundición non se xeran verteduras de augas residuais. A auga que se emprega para a refrixeración e o arrefriamento dos tochos de aluminio secundario traballa en circuíto pechado.