Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 4 de novembro de 2020 Páx. 43960

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 20 de outubro de 2020 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes da renda básica de emancipación.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións de suspensión do dereito á renda básica de emancipación.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da dita resolución deberase efectuar no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas de tramitación da renda básica de emancipación das diferentes oficinas de Xestión do Solo de Galicia- Xestur, S.A. que correspondan segundo se relaciona no anexo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

O anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido de cada persoa interesada, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2020

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

NIF/NIE

Dependencia de comparecencia

RBE-02176-08

36177089K

Vigo

RBE-07305-08

X1582781J

Vigo

RBE-07813-08

39459869B

Vigo

RBE-11843-08

X8318192N

Vigo

RBE-11847-08

53186567X

Vigo

RBE-12951-08

53188455N

Vigo

RBE-30778-10

53182434V

Vigo

RBE-31630-10

53186202J

Vigo

RBE-36004-11

36170689S

Vigo

RBE-38292-11

51470803T

Vigo

RBE-39879-12

77482239T

Vigo

Vigo: praza Maruja Mallo, 1-1º, 36206 Vigo (Pontevedra). Teléfono: 986 49 45 62.