Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 3 de novembro de 2020 Páx. 43789

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico - Inorde

ANUNCIO da convocatoria para cubrir, mediante libre designación con convocatoria pública, o posto da Xerencia.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense (BOP) número 223, do 28 de setembro de 2020, publicáronse as bases reguladoras do proceso selectivo para cubrir, mediante libre designación con convocatoria pública, a Xerencia do Inorde (organismo autónomo local, dependente da Deputación Provincial de Ourense).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais seguintes ao da publicación do anuncio no BOE. Previamente, publicaranse as bases íntegras no BOP e anuncio no DOG.

O que se fai público para os efectos oportunos e en cumprimento do artigo 205 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Ourense, 29 de setembro de 2020

Rosendo Luís Fernández Fernández
Presidente