Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 3 de novembro de 2020 Páx. 43758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2020024AL-OU por infraccións en materia sanitaria.

O 8 de setembro de 2020, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2020024AL-OU incoado ao titular do CIF B32497224, con enderezo na praza Eduardo Barreiros, 8, 32004 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle ao titular do CIF B32497224, con enderezo na praza Eduardo Barreiros, 8, 32004 Ourense, o contido de dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento deste.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste, segundo o disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense e obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle de que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso respecto da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 20 de outubro de 2020

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2020024AL-OU.

DNI/NIF/CIF: B32497224.

Último enderezo coñecido: praza Eduardo Barreiros, 8, 32004 Ourense.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: Regulamento (CE) núm. 852/04, do 29 de abril.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: trescentos euros (300 €).